Rap con Rosalía – 3º ESO

Dentro das actividades propostas polo SNL do Concello para homenaxear a Rosalía, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro no que se uniron o rap e os poemas de Rosalía.
A actividade foi moi atractiva e lúdica. Ao final da mesma, rapearon un poema divididos en tres grupos. O EDLG agradece o traballo e a empatía de Estebán de Vella Escola!