SIMO 2016

 

A CLASE AO REVÉS: UNHA EXPERIENCIA CON «FLIPPED CLASSROOM»

No mes de outubro Carlos Iglesias, profesor do noso centro, asistíu en Madrid ao SIMO (Salón da Tecnoloxía da Educación) en calidade de ponente.

O seu faladoiro, que tivo como obxectivo compartir a súa experiencia con profesionais do ensino de toda España, xirou arredor da posta en marcha dunha metodoloxía innovadora na aula de matemáticas e química a través da aplicación da “flipped classroom” (clase ao revés) abordando os xeitos de produción e de distribución do material audiovisual de apoio, de paliar as posibles deficiencias tecnolóxicas, a reorganización do traballo na aula (selección de materiais, distribución de tempos…), a importancia da implicación ao alumnado na novidade metodolóxica (organización de espazos na aula, creación de grupos, reorganización das tarefas escolares…), as posibles solucións aos problemas de implementación e a analise de resultados.

Respecto dos resultados da aplicación desta metodoloxía, Carlos Iglesias confirmou que esta innovación conlevaba unha mellora no proceso de aprendizaxe, de xeito que as clases se tornaban máis dinámicas, observábase maior motivación e rendemento do alumnado e, ao tempo, posibilitábase unha mellor atención á diversidade.

Unha experiencia moi interesante!