Títulos seleccionados para o FREI MARTÍN SARMIENTO

Títulos seleccionados para o FREI MARTÍN SARMIENTO

Xa temos aquí a XIII edicion dos Premios FREI MARTÍN SARMIENTO convocados por FEREGA-Escolas Católicas.

A ANPA do centro adquiriu exemplares para os rapaces, de xeito que poidan dispoñer deles nas aulas.

O listado dos títulos seleccionados para as categorías de EI, EP e ESO son:

EDUCACIÓN  INFANTIL:   

  • Cé  Orquestra Pantasma: Fíos do querer, S. Coop. Galega Miudiño
  • Chuches Amil: Un conto ao revés, Ed. Galaxia

 

1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP):

  • Miguel Ángel Alonso Diz: O valente coello que quixo soñar, Nova Galicia Edicións
  • Pinto & Chinto: A estrambótica illa do tesouro, Ed. Bululú

 

 2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP): 

  • Xan López Domínguez: Viaxe a Dragonia. Rodeira-edebé
  • Buenaventura Aparicio Casado: A pedra do cervo. Ed. do Cumio

 

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):  

  • Héctor Cajaraville: Quen dá a quenda. Ed. Xerais
  • Xabier López López: O home que sabía voar. Ed. Tambre

  

4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO):

  • Xosé Lois Ripalda: O inspector Chumbo. Ed. Ir Indo
  • Celia Díaz Núñez: A boca do monte. Ed. Galaxia

 

5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO):

  • An Alfaya: A cea das enaguas. Ed. Tambre
  • Manolo Rivas: Madonna e outros contos de inverrno. Ed. Xerais

 

Os libros da categoría de BACHARELATO e ADULTOS, correspondentes á 6ª CATEGORÍA son:

  • Úrsula Heinze de Lorenzo: E os domingos… un croissant. Ed. Alvarellos
  • María Solar: As horas roubadas. Ed. Xerais

              

Os adultos (pais, nais, achegados…) deben de adquirir os exemplares da 6ª categoría pola súa conta (unicamente poden dispoñer deles os alumnos matriculados no Bacharelato).

O prazo de inscrición nesta categoría permanecerá aberto ata primeiros de novembro de 2016. Se alguén máis se anima, só tedes que comunicalo a calquera titor/a ou profesor/a do centro. Tedes ata principios de abril de 2017 para ler os dous títulos.

O EDLG do centro agradece un ano máis a implicación dos ALUMNOS das FAMILIAS que fan posible a realización desta actividade.

Que a lectura vos sexa propicia!!!