«Un circo medieval» – Galicreques

Este ano o Concello achegou ao noso centro a función do Festival Internacional de Títeres, Galicreques, que con esta xa fai a súa XXXI edición, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde e o Concello de Betanzos, co espectáculo “Un circo medieval” e interpretado pola compañía colombiana La Pepa del Mamoncillo. Nela narran a historia do Rei Wenceslao I, que morreu e deixou a orde de buscar o seu sucesor entre o público asistente facendo partícipes do espectáculo a alumnos e profes 😊😊
¡Moitas grazas! ❤️