VISITA A BETANZOS – 1º BAC

O alumnado de Lingua Galega e Literatura de 1º Bac visitou Betanzos esta mañá. Iniciouse o percorrido no barrio xudeu ata chegar  “extra muros” ao centro histórico. Foi unha actividade agradable coa que foi posible coñecer mellor a nosa vila, valorar o noso patrimonio e descubrir calellas  e datos, que se descoñecían.