Votación para a XVII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento

Votación para a XVII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento

Escolas Católicas é a entidade que promove o premio literario, coordinado polos EDLG nos centros, coa idea de fomentar a lectura en lingua galega e que os lectores e lectoras poidan a súa vez ser xurados no premio.

Iniciouse a lectura no primeiro trimestre desde Educación Infantil á categoría de adultos (Bacharelato, familias e claustro), e ao longo desta semana remata a actividade coa votación. Os gañadores das diversas categorías coñeceranse en maio.