Xosé Antonio Neira Cruz co alumnado de 3º e 4º ESO

Xosé Antonio Neira Cruz co alumnado de 3º e 4º ESO

Os alumnos e alumnas tiveron un encontro co autor de Veleno de tinta impresa (libro gañador do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole) no que da man do escritor e profesor descubriron a figura de Mª Luz Morales, prestixiosa periodista galega, hoxe case esquecida, evocada na protagonista Elvira Morales, que loita por ter a profesión que desexa a principios do século XX. Amais falouse de personaxes históricos que aparecen na obra como María Barbeito ou Picadillo…

Pero, ante todo, X. A. Neira Cruz deixounos o pouso para aprezar a lectura , a  relevancia da tradición oral e os nomes de autores e autoras, que dun xeito ou outro, marcaron a súa traxectoria a través das respostas que foi dando ao alumnado participante.

Parabéns a X. A. Neira Cruz por agasallarnos co seu tempo e a editorial Xerais por darnos a oportunidade.

Dpto. Linguas/EDLG