Videoconferencia coa autora Rosa Aneiros

Hoxe os nenos e nenas de 4° EP disfrutaron dunha videoconferencia coa autora Rosa Aneiros escritora do libro «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea»que leron ao longo do trimestre.
Disfrutaron coas súas explicacións e curiosidades sobre o libro e non deixaron escapar a oportunidade para preguntar as súas dúbidas.
Moitas grazas a Rosa polo seu traballo, foi unha experiencia xenial.