Premio Literario Concello de Paderne

Unha boa nova para compartir, é un pracer anunciar que Manuel Fraga, alumno de 1a da ESO do noso colexio, CPR Nosa Señora del Carmen, foi galardonado co Primeiro Premio Categoría Xuvenil do II Certame de Relato Corto do Concello de Paderne, cun relato titulado “O Tesouro da lingua”, unha apaixoante aventura de dous irmáns en busca dun ben precioso que reflexa o seu talento, creatividade e paixón pola escrita.
Reiterar as nosas felicitacións a tan excelente traballo e que sirva de estímulo para continuar na senda do traballo ben feito.